Oficina Municipal de Turismo


Забронировать сейчас:

Adults:
Children:
Нажмите здесь, чтобы перевести текст

O Concello de Lugo presenta un programa de Entroido 2011 con máis de vinte actividades e dez mil euros en premios

As festas comezan o mércores día 2 de marzo e se prolongarán ata o xoves día 10 Os Estoupacaldeiros, folk de taberna pronunciarán o pregón o venres 4 de marzo ás 20.00 horas na Casa Consistorial
25/02/2011

A Concelleira  de Cultura, Nuria Mundiña, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentaron a programación do Entroido 2011 que inclúe máis de vinte actividades e o sorteo de 10.000 euros en premios nos tradicionais concursos de disfraces. 
Para celebrar as festas de Don Carnal, que comezan o 2 de marzo e se prolongarán ata o xoves 10, o Concello lugués propón bailes, charangas e obradoiros de confección de disfraces. E non pode faltar unha das grandes protagonistas do Entroido: a gastronomía típica destas datas, exaltada coa Feira de Produtos Típicos do Entroido que se celebra o sábado 5 de marzo na Praza da Soidade. Como novidade, este ano súmase ao programa a Asociación Provincial de Hostalería co "Entroido  Larpeiro" no que participan distintos establecementos da cidade e que propón a elaboración de menús e tapas relacionados coa gastronomía do Entroido. Para máis información pódese consultar a web www.eparacomerlugo.com
Típicos son tamén os concursos de disfraces que organiza a Concellería de Cultura e que este ano contan con dez mil euros en premios. As bases establecen dúas categorías: unha de adultos, (que concursan o martes 8 de marzo) e a outra de infantís (que se celebra o sábado 5 de marzo). Os intersados en participar deben dirixirse ás oficinas da Concellería de Cultura para formalizar as inscricións. Os prazos son os seguintes: 
-Para a categoría de infantís o prazo remata ás 14:30 horas do venres 4 de marzo.
-Para os adultos o prazo está aberto ata ás 14:30 horas do luns 7 de marzo.     

En cada unha das categorías establécense tres modalidades de participación: individual, parellas e comparsas.
Oito días de festa para conmemorar o Entroido se pecharán co tradicional Enterro da Sardiña que terá lugar o mércores 9 de marzo a partir das 20:00 horas. A comitiva fúnebre sairá do Círculo das Artes e percorerrá as rúas do centro laiando co seu pranto a despedida de Don Carnal. Ao seu fin celebrarase o Certame de Ferretes.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Oficina Municipal de Turismo
Praza de Campo, 11
27001 Lugo 
Zamora - Castilla y León
Испания
Телн: 982297347
Description of way